Presentación

Ermitas Acevedo

Ermitas Acevedo

Benvido ao meu espazo web, no que trato de ofrecer información sobre o meu traballo e sobre min mesma. Definirme non me resulta fácil. Espero facelo con xustiza e con ternura, para poder seguir mirándome ao espello.

Disfruto dos pequenos detalles, valoro a compañía, unha boa conversa e o sentido do humor. Gústame soñar e imaxinar que todo pode ser mellor, e aínda máis me gusta dar pasos para conseguilo. Encántame crear cousas (escritos, xogos, cancións, comidas…) e facer deporte, moito deporte.

Profesionalmente son psicóloga, terapeuta e consultora independente de familias e empresas. Apaixóame entender e coñecer ás persoas e os seus entornos, e aprender delas. Estou feita de presenzas, aínda que tamén de ausencias, e todas elas me aportan un profundo significado. Gran parte do que son é grazas a elas.

Traballo como terapeuta, mediadora e consultora de recursos humanos, . Ademais son formadora e relatora. Vivo e traballo en Ourense, inmersa no día a día, aquí e agora. Se tivera que facer un resumo do meu perfil profesional, quizás sairía algo como isto:

  • Licenciada en Psicoloxía e colexiada co número 3059 no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
  • Terapeuta Familiar e membro da Asociación Galega de Terapia Familiar e Mediación e na Federación Española de Terapia Familiar co número 302.
  • Inscrita como Mediadora co número 0387-09-29 no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia.
  • Consultora de Recursos Humanos e Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais.
  • Formadora de persoas e profesionais.
  • Relatora.

Creei este espazo web con todo o cariño e entusiasmo do que fun capaz. Espero que o disfrutes.

Ermitas Acevedo