O éxito dunha empresa depende do seu capital humano. Un empregado motivado está máis implicado e é máis produtivo. Se che interesa coñecer mellor aos teus empregados, como son e cal é o seu nivel de satisfacción e motivación, a mellor ferramenta para facelo é un estudo de clima organizacional.
Axudámosche a planificar e executar esta análise. Cun esforzo mínimo por parte do teu persoal poderás avaliar a opinión dos teus colaboradores mediante enquisas online ou en papel, de forma anónima e confidencial. Ademais, axudámosche a analizar os resultados, para que, sexa cal sexa o teu negocio, podas aumentar o compromiso e rendemento dos teus empregados, atraer e reter o talento e identificar claramente as áreas de mellora. Deste modo, a túa empresa disporá dun clima laboral saudable que lle permitirá crecer e prosperar.
Os obxectivos e resultados que se poden obter dunha análise de clima organizacional son:
- Coñecer a percepción sobre o entorno laboral dos teus empregados.
- Identificar puntos de mellora e áreas de risco.
- Abrir unha canle de comunicación directa entre o empregado e a empresa.
- Mellorar o liderazgo e a xestión de equipos.
- Coñecer as fortalezas e índices de motivación e satisfacción.
- Ter un valor diferencial respecto dos competidores. A innovación e a mellora de procesos son factores de competitividade.
- Contar con datos obxectivos para a toma de decisións.