Outsourcing da función de recursos humanos

A situación actual está acelerando a virtualización das empresas que, entre as súas diferentes formas e desenvolvementos, implica tamén a externalización daquelas áreas da compañía que non se consideran clave para o negocio.

Se se opta por utilizar o outsourcing, óptase por establecer unha relación de colaboración e un compromiso mutuo entre a empresa e o xestor deste servizo (outsourcer) que derive nunha mellora de resultados para a compañía. O outsourcer proporcionará de maneira continuada a administración das actividades de recursos humanos que a empresa estea interesada en externalizar, actividades que normalmente se realizarían dentro da propia organización.

Tanto se está pensando en aforrar custes ou en converter os custes fixos en variables, como se o que lle preocupa é aumentar a competitividade, gañando en flexibilidade e axilidade no funcionamento dalgúns departamentos propios da empresa, o outsourcing é unha práctica a ter en conta.

Podemos poñer en marcha o outsourcing das seguintes facetas:

  • Recrutamento e selección de persoal
  • Análise do clima laboral