Coaching persoal e profesional

Mediante unha relación profesional de colaboriación, o coaching permite definir con claridad os resultados desexados, ser conscientes das capacidades propias, dos recursos, dos impulsos que nos motivan e das estratexias de pensamento que aumentan as posibilidades de conseguilos.

Mediante un programa de coaching, o cliente fórmase para manterse centrado no que realmente lle importa e se enriquece continuamente mediante novas percepcións que derivan da conversación co coach e coas súas posibilidades de acción.

O coach é responsable da xestión do proceso e o cliente é responsable de levar a cabo as accións definidas, de utilizar na súa vida cotiá as percepcións adquiridas e de integrar a aprendizaxe mediante a práctica.

O coaching é unha técnica perfecta se és unha persoa interesada en saber:

  • Que queres obter realmente na vida
  • Que é o realmente importante para ti
  • Como podes recoñecer o que realmente che motiva
  • Como podes adquirir novas perspectivas que che permitan pensar e actuar para obter o que desexas
  • Como podes conseguir o equilibrio entre os distintos aspectos importantes na túa vida
  • Como podes aumentar os teus resultados profesionais