Mediación

A mediación é un método para resolver conflitos no que un profesiona axuda ás persoas ou grupos de persoas implicadas a lograr solucións que satisfagan a todas as partes sen impoñer o seu criterio. O papel do especialista é dirixir o proceso con total imparcialidade, neutralidade e confidencialidade.

É un excelente recurso ante situacións de separación ou divorcio ou en calquera outro momento no que sexa necesario acadar acordos satisfactorios e duradeiros que teñan en conta os intereses de todos (pais, fillos ou calquera outra persoa involucrada).

As vantaxes da mediación son múltiples:

  • Evítanse as secuelas emocionais dun proceso legal.
  • Non hai vencedores nin vencidos. A relación entre as persoas sae moi beneficiada, restablecéndose a comunicación entre as partes.
  • Eficacia. Os acordos pactados ofrecen unha maior garantía de cumplimento no futuro.
  • Axilízanse os trámites no tempo.
  • Evítanse os custes xudiciais, polo que se reducen considerablemente os gastos,.