Reeducación Escolar

A Reeducación Escolar responde a diferentes problemáticas relacionadas co ámbito escolar. Os seus obxectivos van máis alá do reforzo escolar, centrándose en optimizar o rendemento intelectual e académico do alumno, potenciar o seu equilibrio emocional, mellorar as dificultades de aprendizaxe e conseguir que esta mellora se manteña despois do tratamento, evitando así que volvan a producirse resultados académicos negativos.

Este traballo compleméntase co asesoramento aos pais e o contacto cos profesores involucrados. Desta maneira, realízase un tratamento específico e individualizado na lingua de aprendizaxe do neno (castelán ou galego).

Algunhas das áreas e dificultades máis consultadas son as seguintes:

  • Dificulades emocionais e da aprendizaxe (retraso na aprendizaxe xeral, razonamento, capacidade matemática, desenvolvemento cognitivo, etc.)
  • Reeducación da linguaxe oral e escrita (articulación da linguaxe, vocabulario, comprensión, expresión,  fluidez, etc.)
  • Dificultades no proceso de adquisición da lectura e/ou escritura (confusión de sílabas ou palabras, lectura silábica e dubitativa, dislexia, disgrafía).
  • Problemas psicomotores (psicomotricidade fina e grosa, orientación espacial, equilibro, ritmo, lateralidade, etc.)
  • Dificultades atencionais e de concentración, hiperactividade.
  • Técnicas de estudio, planificación e optimización do tempo.

Se ten problemas de tempo ou mobilidade, ou ben se así o prefire, pode facer uso do servizo de reeducación a domicilio.