Cando o contexto familiar forma parte do problema ou o mantén, é útil traballar as pautas de relación para favorecer a autonomía, protección e madurez da cada individuo.
A familia é a principal rede de apoio das persoas. Cando nos falta ese apoio, sentímonos sos, incomprendidos, abandoados… Pero tamén o “exceso de apoio” agóbianos, réstanos intimidade e autonomía. Atopar ese equilibro entre sentirnos completos en conexión cos outros e ser libres para evolucionar dentro da nosa individualidade é unha tarefa que ás veces pode parecer imposible.
A Terapia Familiar está indicada nos seguintes tipos de problemas:
- Cando o ciclo da vida familiar pasa por conflitos ou dificultades que imposibilitan o fluxo de enerxía ou comunicación.
- Cando algún membro da familia sufre ou non consegue acomodar as súas necesidades dentro do núcleo familiar.
- Cando os fillos son difíciles de controlar.
- Cando ante unha circunstancia imprevista (unha enfermidade, un novo membro na familia, etc.) non conseguimos readaptarnos á nova situación.
- Cando estamos interesados en resolver problemas individuais coa axuda das persoas máis próximas.