Psicoterapia Individual

A terapia individual é un proceso dedicado ao tratamento dos problemas psicolóxicos a través da comunicación, a interacción e a relación entre o individuo e o terapeuta, Sen embargo, a psicoterapia é moito máis que un simple “falar dos problemas”. Trátase dunha relación profesional na que se utilizan técnicas, estruturas e principios terapéuticos establecidos.

O obxectivo da psicoterapia é o desenvolvemento e fornecemento do individuo. Está enfocado en axudar a cada persoa a lograr cambios positivos nas distintas áreas da súa vida, superar desafíos e resolver problemas, aprender a convivir e a xestionar relacións, e aumentar a percepción de eficacia persoal.

O meu enfoque terapéutico de referencia é a Terapia Sistémica, no que o papel do terapeuta consiste en aportar unha visión diferente e máis útil dos acontecementos, para que a persoa poda afrontar a situación con éxito.

Os tipos de problemas que presentan as persoas son tan variados que requiren habitualmente dun tratamento personalizado. Sen embargo, algúns dos problemas máis consultados son os seguintes:

Infancia e adolescencia

  • Déficit de atención e hiperactividade
  • Enuresis
  • Medos, fobias
  • Trastornos da aprendizaxe
  • Problemas de conduta
  • Trastornos da alimentación
  • Adiccións
  • Acoso escolar

Adultos

  • Ansiedade
  • Depresión
  • Problemas de relación
  • Trastornos da personalidade
  • Trastornos da alimentación
  • Estrés e insomnio
  • Trastornos obsesivos compulsivos
  • Psicoses