PSICOTERAPIA

A psicoterapia consiste nunha conversación entre un profesional e un cliente, só ou acompañado por algunha persoa do seu entorno, coa finalidade de axudar a resolver os problemas, persoais ou en relación cos demais, que se desexen formular.

Durante esta conversación as persoas contan aquilo que lles preocupa e deciden os obxectivos ou metas que queren conseguir e, xunto co profesional, buscan alternativas para conseguir os seus propósitos da maneira máis eficaz.

Normalmente, para alcanzar os obxectivos acordados bastan unhas poucas sesións, pero dedicaranse tantas sesións como se consideren necesarias, grazas á utilización de técnicas de terapia breve estratéxica, que garante a resolución dos problemas co menor esforzo e no menor tempo posible.