Tes “primaverite”?
Por fin chegou a primavera! Estabamos ansiosos. Foi un inverno longo e escuro, podo que non demasiado frío, pero moi oscuro e húmido. Esperabamos sol e bo tempo e aquí está.
Sen embargo, acompañando a este tan ansiado bo tempo tamén chegan algúns síntomas do esforzo que o noso organismo debe facer para adaptarse aos cambios da temporada:
- Multiplícanse as alerxias
- Altéranse os nosos biorritmos e o estado de ánimo
- Sufrimos un certo decaemento e e sentímonos algo fatigados
Pero non debemos confundir algo tan normal como este “baixón primaveral” cunha depresión. O noso corpo está facendo un esforzo para adaptarse á nova situación e ás veces o traballo, os problemas familiares ou as rutinas das nosas vidas son algo máis difíciles de levar con esta pequena sobrecarga.
No noso país, ademais, a chegada da primavera está ligada ao cambio de hora, que nos obliga a madrugar unha hora máis coa contraprestación de poder disfrutar dunha hora máis de luz. Este cambio, que en teoría non debería afectar á nosa saúde, parece que é difícil para algunhas persoas, que non consiguen adiantar tan facilmente o seu reloxo interior. Este cambio de hora pode ocasionar os seguintes trastornos:
- Cambios nos patróns de sono-vixilia
- Alteracións transitorias do benestar físico como somnolencia, irritabilidade, cefaleas, dificultades para manter a concentración e outras molestias
A primavera en si non provoca ningún trastorno. Ten algunha influencia en persoas máis sensibles aos cambios e o noso corpo reacciona poñéndonos alerta sobre a gran importancia que ten o feito de coidarnos.
Para superar este “baixón” as recomendacións son as seguintes:
- Fai unha dieta rica en froitas e verduras
- Bebe auga suficiente (2 litros/día)
- Fai ceas lixeiras para poder durmir ben.
- Déitate cada día á mesma hora e durme o suficiente
- Aproveita o bo tempo para saír máis e dar un paseo cada día
Máis información en:
- Depresión de primavera ou astenia primaveral (Vicente Serrano, psiquiatra)
- Como afecta a primavera ao desexo sexual
- Como nos afecta o cambio de hora (Mapfre)
- A primavera non altera o sangue (Ramón Sánchez Ocaña)