Paixon e traballo en equipo
Hai pouco que coñecín este vídeo. É un documental sobre o Vigo Rugby Club e Norm Maxwel. Resultoume un vídeo francamente emocionante, a pesar de que non son seguidora deste deporte. Trata temas interesantísimos desde o punto de vista da psicoloxía e do rendemento persoal e de equipo.
Algunhas ideas interesantes das que presenta son as seguintes:
- Cando non temos nada que perder, cando ninguén espera nada de nós, o único que queda son as oportunidades para demostrar a nosa valía
- Os partidos gáñanse co corazón
- O esforzo produce resultados
- Non se pode perder a ilusión e o gusto polo que facemos
- Formar parte dun equipo xera sentimento de pertenza a unha comunidade
- Para alcanzar os nosos soños é necesario soñar, aínda que pareza unha perogrullada
- Cando soñamos algo e poñemos os medios, pouco a pouco vanse aliñando os astros
- É importante o espíritu do equipo, sentir esa comunión entre todos os seus integrantes
- Ás veces, cando pensamos en rendibilizar o esforzo, corremos o risco de perdernos, de deixar de disfrutar do que facemos
- O éxito pode chegar a engulirte
- Hai que ser capaces de aguantar a presión
- O importante é o camiño, non tanto as metas, e todo o que vivimos nel
- Que importante é crelo, aceptar o reto, deixarse levar sen medo
Así que nuestro consejo, al igual que hicieron estos miembros del Vigo Rugby, es que hagas un apuesta firme y decida por seguir tu pasión
Extraído de grupo de psicoloxia de google+ (ojo)