Insistir en restar importancia ao problema que o paciente trae a terapia.
Rexeitar tratar directamente o problema que se presenta. Ofrecer en cambio algunha explicación, por exemplo, que os síntomas teñen “raíces” ou que existe algún “trastorno subxacente”.
Insistir en que, se un problema se alivia, aparecerá algo peor.
Utilizar unha linguaxe diagnóstica que faga imposible pensar en procedementos terapéuticos. Desta maneira poderá parecer un experto científico sen correr o risco de ter éxito nos tratamentos.
Apoiarse nun so método de tratamento sen ter en conta a diversidade de problemas que aparecen en consulta. Aos pacientes que non se adecúan a este método débeselles considerar intratables.
Non posuír unha teoría sobre o cambio terapéutico, a menos que sexa ambigua e indemostrable.
Insistir en que só moitos anos de terapia cambiarán realmente a un paciente. A aqueles pacientes que podan mellorar espontaneamente sen tratamientos débeselles convencer de que non se curaron e que só fuxiron cara á saúde.
Concentrarse no seu pasado (e evitar traballar de cara ao futuro).
Ignorar o mundo real do paciente e acentuar a importancia vital da súa infancia, da súa dinámica interna e das súas fantasías.
Negarse con firmeza a definir o obxectivo terapéutico. Se é imprescindible definir algún obxectivo debe exporse dun modo tan ambiguo que sexa imposible establecer se se cumpriu.