Nenos que non comen. Quitándolle ferro ao asunto.

“Eating ice cream” por nvainio
O obxectivo deste post é tranquilizar a estas mamás e papás, xa que na maioría dos casos, non hai razóns para estar preocupados.
Temos claro para que serve comer?
Na nosa cultura, a maioría de nós gozamos da comida, comemos por gusto máis que por ningunha outra razón (“comer é un pracer”). As festas familiares celébranse en torno a unha mesa e saímos a cear, a comer ou a merendar para celebrar aniversarios ou eventos.
Pero non debemos esquecer que a comida é unha necesidade. Precisamos comer. A comida é o combustible que necesitamos para cubrir todas as nosas funcións vitais:
- Permítenos manternos con vida, seguir funcionando. Aínda que estivésemos as 24 horas do día deitados nunha cama durmindo, seguiríamos necesitando comida.
- Permítenos medrar ou engordar. Os nosos músculos e osos, o noso sangue, a nosa gordura, incluso o noso pelo e as nosas uñas, fabrícanse a partir da comida que inxerimos.
- Permítenos movernos, traballar, xogar… Necesitamos enerxía para movernos. Se temos unha vida moi activa, necesitaremos máis comida, e se temos unha vida máis sedentaria, precisaremos menos. Xa sabemos que o exercicio abre o apetito.
Pero canto precisa comer un neno?
A cantidade de comida que precisa un animal depende do seu tamaño, do seu esforzo físico e do seu crecemento.
- Para manterse con vida os animais máis pequenos precisan menos alimento que os animais máis grandes. Se os nenos non medraran, se non se moveran…, precisarían moi pouca comida en comparación cun adulto, porque son moi pequenos.
- Para moverse. Os nenos parece que se moven bastante. Polo xeral, a determinadas idades móvense máis que os adultos. Sen embargo, os máis pequenos van a todas partes no colo ou no cochiño, non traballan, nin levantan peso (os que aínda non camiñan nin sequera transportan o seu propio peso nin un momentiño), e ademais dormen moito. Neste sentido, os adultos consumimos moito máis, xa que pesamos moito máis e movemos o noso propio peso todo o día… para traballar, para facer as nosas tarefas, para desprazarnos…, e ademais durmimos moito menos.
- Para medrar. Adoitamos dicirlle aos nenos que hai que comer para medrar, pero a realidade é xusto a inversa. Canto máis rapidamente medra un neno, máis comida precisará. E a verdade é que os nenos non medran sempre á mesma velocidade. Durante o primeiro ano de vida un bebé pode facilmente chegar a triplicar ou incluso cuadruplicar o seu peso, e pode chegar a medrar 20 ou 25 cm., pero non volverá a triplicar o seu peso até que teña máis ou menos 10 anos. Por iso, os bebés comen tanto, aínda que non se movan demasiado.
Comer para vivir ou vivir para comer
Moitas persoas pensan que medramos a consecuencia do que comemos.
A verdade é que o noso crecemento está xeneticamente determinado. Só en casos extremos de malnutrición verase afectado o crecemento. En realidade, non medramos porque teñamos comido, senón que comemos porque estamos medrando. Parece o mesmo, pero non o é. Cada ser humano, ao igual que cada animal, vese obrigado a comer a cantidade de alimento necesaria para alcanzar o seu tamaño corporal. A persoa destinada a ser un adulto alto e corpulento comerá máis que aquel que vai ser baixo e delgado.
O neno de un a seis anos, que crece lentamente, come proporcionalmente menos que o de seis meses ou o de doce ou quince anos, que están nun período de rápido crecemento. Por máis comida que queiramos darlle, é totalmente imposible que medre na mesma proporción. A que a ninguén se lle ocorrería pensar que dándolle menos comida a un neno conseguiríamos que medrara menos? Pois para medrar ao alto pasa o mesmo.
A talla final que alcanza unha persoa adulta depende basicamente dos seus xenes e so minimamente da súa alimentación. Os pais altos tenden a ter fillos altos.
E a velocidade de crecemento nun período determinado depende basicamente da idade e só un pouco dos xenes. Unha nena de trece anos, por baixa que sexa a súa familia, crecerá máis rápido que unha de seis anos. E consecuentemente terá máis fame.
Como conclusión, se un neno ten fame, a súa tendencia natural será pedir comida, porque a necesita para vivir. Se un neno san, xoga e é feliz, aínda que non coma moito, case seguro que non precisa tanto alimento como nós pensamos.
Interesante artículo. A mi solo me preocupa cuando comen “porquerías” en detrimento de alimentos mas saludables..
A todos nos gusta que los niños coman, pero como bien dices cada niño es un mundo… Yo quede tranquilo en ese sentido el día que después de un intenso día de esquí mi hija ni siquiera tenia “prisa” por ingerir calorías rápidas en forma de chocolate…
En mi opinión es mas importante que coman de todo a que coman mucho.
Porque esa es otra… Hay niños que comen mucho pero de lo que les gusta ( y el problema es cuando lo que les gusta es limitado)
Un padre de niña que con me poco 😉
Grazas, Oscaruning, polos teus comentarios.
Tes toda a razón cando apuntas que o importante non é tanto a cantidade, como a variedade, e aí somos os que temos a responsabilidade de educar os que nos temos que mollar.
Un saúdo.
Estupendo artículo.
O artigo é brillante e moi ben enfocado, en consecuencia pouco teño que engadir nese sentido.
A min, a parte “social” da comida axudoume a ensinar aos meus fillos e explícome.
Sempre crin que aos fillos hai que educalos com moitísimo amor, a necesaria disciplina e finalmente “deixándolles decidir” en todo aquilo que estea dentro da súa capacidade.
Deste xeito cando eran moi pequenos e poñíalles auga no vaso preguntáballes Queres máis? e eles decidían. Seguramente poucas cousas máis podían decidir, pero esta podían. Da mesma xeito cando lles servía comida preguntáballes o mesmo e eles tamén “opinaban”, aínda que aí a última decisión, con tacto, era miña. Pero xa lles facía pensar… A parte social da comida é un factor fundamental e serve para moitas cousas.
Saúdos
A.
Grazas, A., pola túa aportación.
Creo que apuntas un tema moi interesante cando comentas o aspecto social (e tamén socializador) que ten a alimentación. Comemos ao redor dunha mesa onde se producen continuas interrelacións sociais, a través das cuales se ensinan/aprenden moitas normas, sociais ou non. En moitos casos, é o dos poucos momentos nos que se produce unha convivencia de todos os membros da unidade familiar. Sería unha pena desaproveitalo.
Saúdos.