Sabemos recoñecer as oportunidades?
A crise está a ser tan dura que está a afectar á saúde emocional das persoas. Son moitos os fogares onde a palabra criseconverteuse na máxima definición da súa situación actual. Mesmo a Organización Mundial da Saúde (OMS) alerta sobre o posible aumento das enfermidades mentais, desencadeadas por esta situación extrema.
Envoltos por esta situación, resúltanos moi difícil ver e recoñecer as oportunidades. Esta crise tápao todo e aseméllase a unha noite sen final, na que se apropia de nós a indefensión, a desesperanza, o medo, a indignación ou a rabia.
A crise sácanos da nosa zona de confort e, ante esta situación, podemos facer dúas cousas:
- Lamentarse sen consolo e ser incapaces de aceptar a nova situación,
- Ou aceptar a situación e dispoñernos para a acción.
Se estás neste segundo caso, este artigo está especialmente pensado para axudarte a recoñecer as oportunidades a pesar da escuridade.
- A oportunidade é unha ocasión de facer algo. So temos que recoñecer o momento xusto para aproveitala.
- A oportunidade non se presenta envolta na rutina diaria, nin cando vemos a vida de cor gris. E como un sorriso aberto nun rostro descoñecido. Se non estamos atentos, nin nos decatamos.
- A oportunidade tampouco se presenta cando a buscamos desesperados. Pode ser espectacular, pero tamén discreta e disimulada.
- Por iso, a oportunidade radica máis ben nunha cuestión de enfoque. É coma se de súpeto, se che ocorrera limpar os cristais a través dos cales ves a vida, e te deras de conta de que o po acumulado non che permitía ver claro.
- A nosa vida en si é unha gran oportunidade. Non podemos ver que está chea de oportunidades ao mesmo tempo que a vemos chea de escollos. Ou vemos unha cousa ou vemos a outra.
- Algunhas persoas só alcanzaron a ver unha única oportunidade en toda a súa vida e lograron metas xamais soñadas. Imaxínaste que puidesen ver as noventa e nove anteriores que ignoraron?
- Se es novo, aprende a velas e a aproveitalas. Se es maduro, móvete e non perdas o tempo. Se es ancián, limpa esas lentes, aínda hai moitas oportunidades por descubrir.
Non nos queda máis remedio que aceptar que a partir de agora viviremos peor, polo menos durante uns longos anos. As enfermidades mentais, como dis ti de forma brillante, son e serán inevitables, para aquelas persoas que viviron rodeadas de confort por todas partes e agora é todo o contrario. De todos os xeitos creo na capacidade de reacción humanas e estou seguro que dentro duns anos adaptámonos.
Mentres tanto l@s psicólog@s terán moito traballo que facer. Deica pouco, ademais, estimo quelos recortes afectarán e moito a persoas que agora traballan nunha situación laboral para empresas públicas (Ata a funcionarios). Na práctica considerábanse funcionarios, pero non o eran. Aí haberá outro gran trauma e máis forte, porque non o esperaban. Unha boa vacuna, acho, sería pensar que, en diante e máis que nunca, un ten que pensar que ten que ser empresario de si mesmo, tanto si é empregado coma se non e polo tanto prepararse para esa situación.
O pouco aproveitamento da formación, durante tantos anos, en boa parte malgastada, pese a moitos esforzos meritorios, atoparase agora a faltar. De todos os xeitos, dunha ou outro xeito, sairemos desta, a gran pregunta és COMO, CANDO E CARA A ONDE.
A.
Certo. Por iso é importante saber recoñecer as oportunidades que temos ao redor (menos que antes, seguramente, pero non inexistentes).
Creo que foi Tagore quen dixo “Se choras por ter perdido o sol, as lágrimas non che deixarán ver as estrelas”. Está moi ben lamentarse e até rasgarse as vestiduras, pero chega un momento en que temos que tranquilizarnos e comezar a tirar de recursos, propios en primeira instancia e alleos cando a situación así o requira.
Estou de acordo contigo en que moitas persoas saberemos atopar eses recursos, pero tamén é humano sentirnos máis perdidos cando non confiamos nas nosas posibilidades ou cando non temos demasiados recursos persoais. Posiblemente a solución pase porque cada un sexa a súa propia empresa. Pero pregúntome se todas as persoas están preparadas para dar este paso, e de non ser así, saben como conseguir axuda neste sentido?
Un saúdo.