Dálle unha oportunidade á paz

Poderiache gostar tamén...

2 Respostas

  1. Anonymous di:

    Acertadas reflexións. Gustoume especialmente iso de contar .. ata 20…. :-))) moi sutil…
    Na miña opinión aos fillos hai que educalos com moitísimo amor, a “necesaria disciplina” e deixándolles decidir en todo aquilo que poden en cada momento.
    Neste escrito abórdase a “necesaria disciplina” e como aplicala sen pegar…. Atopei xenial o método duns dos meus fillos e a súa muller. Consiste en enviar ao “recuncho de pensar” aos seus fillos, cando os mesmos realizan algunha “maldade” digna de ser corrixida.
    Consiste en apartarlles do centro da vida familiar só uns metros e fóra do área visual da familia. Aos poucos minutos xa piden perdón e piden volver integrarse, entón fanlles esperar un pouco e finalmente acontece a esperada reconciliación…
    Funciona e moi ben por certo…
    Claro que hai criaturas con sistemas nerviosos diferentes que son moi difíciles de levar. Algunhas ata necesitan tratamento especializado.
    Pediría á autora deste escrito e psicóloga, que nos ilustrase, cando o tivese a ben, sobre esta última cuestión.
    A.

  2. Grazas por compartir con nós as túas experiencias. Son enriquecedoras para todos.

    Todos os nenos poñen a proba os límites. É unha maneira máis de explorar o entorno, unha manifestación da súa curiosidade. O que acontece ás veces é que literalmente algúns nenos “piden normas a berridos”. Un neno que se emberrincha demasiado, precisa normas.

    Sen embargo, ante este tipo de comportamentos, os pais moitas veces perdemos os nervios. E podemos observar como algúns nenos sáense coa súa, mentres os seus proxenitores sufren. Pois ben, esta situación debería ser a inversa (os pais deberían rir, mentres os seus fillos choran). E me explico. É moito máis eficiente corrixir as condutas (a pesar dos choros dos nosos fillos) e saírnos coa nosa. A melloría nos comportamentos dos nosos fillos pódese observar en poucos días.

    Pero cando nos vemos sobrecargados polos problemas ou a falta de tempo, cando non podemos cos nosos fillos, cando vemos como perdemos batalla tras batalla…, o mellor é acudir a un profesional que nos ensine outro modo de relacionarnos cos nosos fillos, antes de que estes medren e a situación se agrave.

    Un saúdo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *