Bebés que non dormen. A durmir tamén se aprende

Poderiache gostar tamén...

6 Respostas

  1. Esclarecedor! Totalmente de acordo en que ás veces somos as nais e pais os que creamos hábitos que acaban sendo incómodos. A miña nena tomaba teta todas as noites cada dúas horas ata os seis meses. Un día ocorréuseme poñerlle o chupete en lugar da teta e a tía volveu durmir tan tranquila. Deduzo que non tiña tanta fame todas esas veces que espertaba, quizáis precisaba calmar o instinto de succión simplemente, ou saber que non está soíña. Moi moi interesante o que contas.

  2. Alégrome que che sexa de axuda. E encántame que participes contándonos as túas “tretas” para conseguir que a túa nena se calme e siga durmindo.

    Un saúdo.

  3. Anonymous di:

    Moi ben explicada a cuestión pola autora e totalmente de acordo, como pai, claro. En cambio quero romper unha lanza en contra. Unha lanza irónica, todo hai que dicilo. Son avó e como tal sempre lles digo aos meus fillos que a obrigación dos fillos é educar e criar ben aos seus fillos e a satisfacción dos avós é… malcriarlos…..!!!! :-))) É que non vale nada o sentimento de cando ves ao teu pequeno neto levantar os seus braciños cara a ti, cos seus ollos cheos de bagoas, para que lle levantes,claro, chantajeándote emocionalmente?? Cando o fas e telo nos teus brazos e el abrázache deixándoche sentir aínda os seus últimos suspiros – soluços.. mentres che adica un sorriso do triunfador que se sae coa súa, seica non che latexa o corazón máis rápido e non lle devorarías a bicos??!! Avóas e avós ao poder!!! As avóas e os avós tamén temos os nosos dereitos !!!! :-)))
    A.

  4. Ja, ja… Totalmente de acordo…, ja, ja… Nada que engadir. Encántame esta nova perspectiva.

    Cando os avós non conviven cos fillos e non hai “problemas importantes cos netos” as cousas son e deben ser así. En caso contrario, deberíamos falar entre pais e avós e chegar a acordos que redunden no beneficio dos netos e de toda a familia.

    Sen embargo, estou contigo en que os avós, se non convivides cos vosos fillos, debedes decidir se queredes ou non compartir a educación dos vosos netos e non sentirvos obrigados a facelo.

    Saúdos coridiais.

    • Anonymous di:

      De acordo ja.. ja… Encántame o teu punto de vista e tes razón, iso é bo so cando non hai convivencia entre avos e pais..
      E logo, a “mimar” os netos que é todo um placer..!!!
      A.

    • Claro que si. Ademais, en moitos casos, os avós non tivestes a oportunidade de gozar cos vosos fillos: traballo, viaxes, estudos dos fillos, responsabilidades… En fin, que cando somos avós é cando temos a oportunidade de gozar cos máis pequenos e de recargar as baterías con eles (que non sei quen recibe máis, se os netos ou os avós).

      Pois como ti dis, “a mimar aos netos”!

      Saudiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *