O PODER NAS TÚAS MANS
![]() |
Magical Reflection, By PhotoAtelier |
O presente foi construído co noso pasado e estamos en continuo proceso de construción do noso futuro. Lamentándonos do pasado e preocupados polo futuro esquecemos que só temos presente, que non somos quen de cambiar as accións e decisións do pasado e que nas nosas mans temos un poder especial, o poder do “aquí e agora” que nos fai os donos non só do presente, senón tamén do futuro.
O futuro
Unha nena de 3 anos reflexiona sobre o futuro. Porque o futuro está nas nosas mans e sempre estamos a tempo de cambialo.
Atréveste a soñar?
A axencia de innovación Inknowation proponnos a seguinte historia: Desde pequenos todos sabemos soñar.Durmidos e espertos. Grazas á potencia da nosa imaxinación cremos que somos capaces de calquera cousa. Sen embargo, segundo medramos perdemos esta marabillosa capacidade que logo tanta falta nos fai na vida á hora de ser creativos, de innovar, de cambiar as nosas vidas e de transformar as nosas empresas.
Convídoche a que te atrevas a soñar outra vez, a desafiar a túa zona de confort, e a que goces do pracer de converter os teus soños en realidade.
Atréveste a soñar?
Vaia reto…ufff.. soñar..
A autora do escrito, como sempre, suscita temas moi interesantes…
O ser ou non ser do famoso escritor inglés poderíase converter moi ben, en soñar ou non soñar..
Si soñamos con metas a alcanzar quere dicir que estamos dispostos a evolucionar, a cambiar e si estamos dispostos a cambiar nós, estamos dispostos a cambiar o mundo… e entón sen dúbida queremos SER, con mayúsculas…
Caso contrario tamén podemos ser.. pero outra cousa.. e no fondo NON SER… senón simplemente ir pasando..
É unha elección persoal.
Confésome admirador de partes moi importantes das filosofías orientais, aínda que non aquelas que che levan ao nirvana continuado como forma de vida. En cambio aquelas partes que che axudan a experimentar novos estados de conciencia, intentando conectar con horizontes pouco ou nada coñecidos estimúlanme, aínda que iso pase por parar o pensamento e por aprender o paulatino abandono do “eu”.
É outra forma de soñar, é outra forma de evolucionar. O día que deixarei de soñar, saberei con certeza que estou morto, ou serei un morto en vida. Si non fose polos soños por alcanzar metas, aínda estariamos na idade de pedra, en consecuencia ¡¡¡Vivan os soños!!!
A.
Creo que non todo é “happy”. Penso que pode ser perigoso pensar que “querer é poder” (que non tes máis que desexalo, que existen os milagres). Hai que soñar e tamén hai que traballar por conseguilo.
E sen embargo, son unha soñadora, como ti. Creo que é parte imprescindible do avance. Se non soñamos, estancámonos. É importante ter máis soños que lembranzas (por moi grandes que sexan estas). E tamén é importante compartir os soños cos demais, facelos soñar, facelos sentir que poden…
Un saúdo.