Adolescencia e redes sociais. Problemas emerxentes

Poderiache gostar tamén...

4 Respostas

  1. Anonymous di:

    Son tremendas as estatísticas que dá a psicóloga. Francamente descoñecíaas e en todo caso non sabía que fosen tan extremas.
    Quero resaltar especialmente o estendida que está, segundo as mesmas, a aceptación da violencia. É estremecedor.
    Nunca acabei de entender a alegría con que moitas persoas expoñen todos os seus datos privados na rede.
    Vai en contra do sentido común, ou polo menos do meu.
    Hai que entender que hai xente que se aproveitan deses datos. Hai que entender que hai moita xente que practica o crime organizado. Só fai falta ler as estatísticas policiais e ver a cantidade de diñeiro que cada día róubase utilizando técnicas informáticas e dos abusos a menores por parte de adultos que contactan con eles a través da rede e fanlles vivir, inicialmente, un conto de hadas.
    Os e as adolescentes son persoas especialmente vulnerables. Teñen o seu ego en formación e están traballando o seu propio proxecto como persoa con todas as dúbidas e debilidades propias da idade.
    É tan fácil para unha rede organizada criminal aproveitarse delas. De feito estano facendo cada día.
    Acosadores entre os alumnos hóuboos sempre, pero non tiñan o inmenso poder que dá o uso da redes sociais para someter ás súas victimas.
    Cando vexo a adolesdentes enganchados ao seu ordenador acotío, incluso indo pola rúa, danme calafríos dado que hai outra consecuencia do seu uso esaxerado e é o illamento social “real” que non virtual no que viven.
    Estase creando un exército de persoas “soas” con dificultades para interrelacionarse, físicamente, con outras persoas.
    A que pode levar iso?
    Non o sei, pero espero que algunha mente lúcida sexa capaz de predecirlo e ademais de poñer os medios para combatelo, caso contrario non podo nin pensar en que se pode converter a nosa sociedade e no fácil que se pode converter manipular, aínda máis, ás persoas.
    A.

  2. Como sempre, a túa opinión é interesante e lúcida. Precisamente o enorme incremento no uso da violencia entre os adolescentes nas redes sociais é o alamarmante. E o máis preocupante son as súas consecuencias, enormemente impactantes, xa que inclusive chegan a provocar a morte nos casos máis graves.

    Sen embargo, internet e as redes sociais están aí, coas súas grandísimas vantaxes. Déixo un vídeo de Isaac Asimov en 1988 prevendo o impacto de internet: unha visión clara e xenial do que na actualidade estamos comezando a albiscar: http://url.ie/h7h4

    A cuestión a valorar non é a ferramenta, senón o uso que facemos dela. E ese precisamente é o reto ao que nos enfrontamos como pais/nais. Debemos ensinar aos nosos fillos nun eido que en moitos casos é totalmente novo e a pregunta é “Estamos preparados para facelo?”

    Un saúdo moi cordial.

  3. Anonymous di:

    Encántame a referencia que fas a non xulgar o instrumento. O instrumento é magnífico, depende do uso que lle deas. É como a lingua, pódela utilizar para animar á xente ou para difamarla, por exemplo. Non coñecía estas palabras de Asimov… que gran lucidez a deste home !!! Gustoume especialmente o que di de “ter unha relación de aprendizaxe un a un”. Eu engadiría que podes ter un club mundial de persoas ás que lle gusta andar, ou cabalgar ou navegar etc… O instrumento é fantástico, aínda que como ben dis, fai falta estar preparado para evitar, tanto para tí, como para as persoas ás que amas, as consecuencias negativas, pensando que hai persoas que o utilizan para actividades criminais. Aínda que non son galego :-))) devólvoche a pregunta, E como sé si estou ou non preparado? Uff…
    En todo caso quéroche facer chegar a miña admiración, unha vez máis, polo pensado e argumentado dos temas que sacas á palestra.
    Saúdos cordiais
    A.

  4. Da mesma maneira que temos unha identidade real, temos unha identidade virtual. E da mesma maneira que é importante a nosa reputación na vida real, é importante a nosa reputación virtual.

    As persoas que temos a responsabilidade de educar debemos estar preparadas para facelo cos tempos. Debemos coñecer as redes e non terlles medos irracionais, pero si respecto. Hai que estar aí, saber como usalas e previr as súas consecuencias indesexables. Sería algo similar a como estamos pendentes cando comezan a saír da casa. Hai que deixalos saír, é necesario para o seu desenvolvemento e autonomía, pero non os abandoamos.

    Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *